[derive] [alg-a newsletter] Últimas novedades da asociación alg-a

alg-a.org novedades at alg-a.org
Wed Jun 11 09:35:05 CEST 2008


      Novas via email das últimas actividades máis destacadas da comunidade de arte e acción libre Alg-a.   

Índice:

  1. Proxecto alg-a 2008/2009 2. Nova publicación na galería de por Carlos Arrojo. 3. Nova publicación no netlabel alg-a a cargo de Tzesne. 4. Nova publicación no videolabel a cargo de Berio Molina. 5. Publicación do libro Los Chimbángueles de San Benito de Carlos Suárez.    

1. Proxecto alg-a 2008/2009

 Agora que chega o verán e con el o calorciño, chegan adxuntos os refrescos e vermus en terrazas ao sol para calmar a sede, os aires novos, novas cores, cheiros, novos amores
 Chegan novos ou renovados tempos e motivacións
xunto á eles, o actualizado refrescado e novo dossier do colectivo alg-a, que un verán máis vos invitamos a ler, comentar, criticar, e como non
a colaborar. 
Link: http://www.alg-a.org/spip.php?article970 
   

2. Nova publicación na galería de por Carlos Arrojo.

 La línea es el elemento protagonista en mi trabajo. El juego de un suave entramado de líneas trazadas rítmicamente en paralelo, van tejiendo el dibujo hasta completarlo. El resultado figurativo no es algo del todo premeditado. Muchas veces surge la cabeza humana con su rostro imaginado como la forma más recurrente. Sin embargo me interesa más el componente abstracto de cada dibujo; el movimiento de ese entramado de líneas, que da la impresión de encontrar a la figura en pleno proceso de transformación, siempre mutando. 
Link: http://www.alg-a.org/spip.php?article938 
   

3. Nova publicación no netlabel alg-a a cargo de Tzesne.

 O video retrata os campos, as aldeas e atrapa tamén a beleza cultural e paisaxística, pero non serve para imaxinar. Extraer os sons, soplidos e ruídos residuais das cintas, mimando e redondeando con coidado pode servir para compoñer audioficcións. Narracións sonoras que si imaxinan paraxes donde aínda hoxe persisten elementos folclóricos profundamente arraigados. A este chámoo "La comarca". 
Link: http://www.alg-label.com/spip.php?article153 
   

4. Nova publicación no videolabel a cargo de Berio Molina.

 Esta é un video máis dunha serie chamada paisaxes tipográficas na que se xoga coa tipografía e a acción. Basciamente a serie consiste en construír tipografías a través da acción. Neste caso a acción que xenera a tipografía é a dun charco de tinta negra que atravesa unha folla de papel a través de surcos feitos na superficie. Cómo a tinta desborda a liña que permite o seu paso dunha cara da superficie á outra, é o que xenera neste caso a tipografía. O contorno (liña) da letra é o campo de acción, un vacio entre dous espacios (caras do papel) polo que flúe (tinta china) o tempo. 
Link: http://www.alg-a.org/spip.php?article941 
   

5. Publicación do libro Los Chimbángueles de San Benito de Carlos Suárez.

 Probablemente moitos estean interesados en coñecer algo da cultura latinoamericana. Este libro é pequeno fragmento desa cultura, e das ideas que poden levala á súa liberación. Paisaxes sonoras no contexto cultural latinoamericano. 
Link: http://www.alg-a.org/spip.php?article802 
   Isto é todo. 
Unha aperta do equipo alg-a, e moitas gracias pola vosa atención!   web: http://www.alg-a.org 
contacto: info at alg-a.org 

................................................................
This email should only be sent to those who have asked to receive it.
To unsubscribe, return to the web form where you first subscribed and
click the "unsubscribe" button, or contact the owner of the website.
-------------- next part --------------
An HTML attachment was scrubbed...
URL: http://www.hollyroot.org/pipermail/derive/attachments/20080611/af964303/attachment-0001.html


More information about the derive mailing list